A Galiza que queres - Agora A Galiza que queres - Agora

A nosa experiencia

Candidatura

candidatura bng por pontevedra

1. Luís Bará Torres
2. Montse Prado Cores
3. Alexandra Fernández Gómez
4. Paulo Ríos Santomé
5. Carmela González Igrexas
6. Cristina Fernández Davila
7. Brais Ruanova Boasvilas
8. Ariadna Fernández González
9. Marta Gómez Martín
10. Xavier Rodríguez Paz
11. Rocío Barreiro Rodríguez
12. David Miranda Martínez
13. Carme Núñez Méndez
14. Daniel Rodas Chapela
15. Victoria Canoura Leira
16. Xoán Reices Vilar
17. Jéssica García Cruz
18. David Marcos Ramas
19. Elsa Quintas Arborés
20. Diego Moreira Álvarez
21. Erea Rei Presas
22. Salustiano Mato de la Iglesia

suplentes

1. Manuela Portas Rodiño
2. Alexandre Fiúza Mosquera
3. Mariña Búa González
4. Francisco Leiro Duarte
5. Xosé Manuel Atanes Limia

Sobre
Luis Bará

Preséntome para axudar a mellorar a vida da xente. Para combater as desigualdades e construír un país coa máxima equidade.

Porque acredito nas inmensas potencialidades e recursos que ten o noso país: na industria, na ciencia, na innovación, na enerxía, na cultura. No medio rural e no urbano, no monte, no agro e no mar...

Porque quero unha Galiza con capacidade para decidir e con orgullo da súa identidade.

Porque o BNG de Ana Pontón ten un proxecto transformador, ilusionante e de futuro.

Naceu en Vilaboa en 1965 e, desde moi novo, tomou parte do movemento estudantil (CAF), de defensa da lingua (A Mesa), cultural (Maio Longo) e veciñal (asociación veciñal de Paredes-Vilaboa).

Foi profesor entre os anos 1988 e 1999 e en 1995 foi elixido concelleiro do concello de Pontevedra. Desde 1999 até 2005 formou parte do equipo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores ao que regresaría en 2011 como concelleiro de Mobilidade, Participación cidadá, Patrimonio cultural e Memoria histórica. En 2005 incorporouse ao goberno galego como director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

Forma parte da Iniciativa Galega pola Memoria e do colectivo A Regaduxa de Vilaboa e publicou o libro Non des a esquecemento. Relatos da do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade.

Desde 2016 á actualidade exerceu como deputado do BNG no parlamento galego e en 2017 entrou a formar parte da Executiva Nacional do BNG.

A nosa candidata

Coñece a todas as Anas

Vida
persoal

Aquí poderedes coñecer algunhas historias sobre a miña vida persoal.

Vida persoal

Vida
política

Quero falarvos dos meus 10 compromisos cos galegos e as galegas.

Vida política

A campaña
día a día

Cóntovos como estou vivindo esta campaña. Acompañádesme?

A campaña día a día

A nosa proposta

Galiza
merece máis!

Galiza non avanzou nin mellorou en todos estes anos. Levamos catorce anos de estancamento e retroceso. Na sanidade, na industria e o emprego, na precariedade e custo da vida, no despoboamento do territorio, fomos a peor. É o momento de abrir un tempo novo para os galegos e as galegas. Cos recursos galegos ao servizo de Galiza e cun goberno galego leal aos intereses do noso país. Galiza merece moito máis.

Este é
o momento.

Hai moitas formas de sentirse galego ou galega, de vivir o noso país, e todas son necesarias para construírmos a Galiza mellor que queremos. Votases o que votases noutras ocasións, este é o momento de votar BNG. Temos diante unha oportunidade para facer historia. O cambio galego é agora.

Silueta de Galiza en cor azul

Unha Galiza
que se fai valer.

O servilismo, a submisión a intereses alleos e o centralismo son un problema para o desenvolvemento de Galiza. Precisamos facernos valer como país para poder avanzar. Defender os nosos intereses e usar os nosos recursos en favor de máis riqueza, emprego e prosperidade na propia Galiza. Queremos un goberno galego que traballe para unha Galiza en grande.

Unha presidenta
para a Galiza que queres.

A Galiza que vén é unha Galiza viva, forte, xusta e con futuro. Con respostas propias aos retos globais deste tempo de mudanzas: mudanza climática, a sustentabilidade, a xustiza social, a igualdade. Queremos unha Galiza próspera, aberta, inclusiva, avanzada. Que coide da súa xente e garanta oportunidades. Orgullosa da nosa lingua, cultura e identidade. Unha Galiza mellor, contigo.

Silueta de Ana Pontón en cor azul

Se nos movemos,
gañamos.

A maioría de galegos e galegas quere un cambio na Xunta. Queremos avanzar, facernos valer e desenvolver todo o potencial que temos como país. Se todas as persoas que queremos cambio imos votar, o cambio é seguro. Ningún voto de cambio se pode perder. Depende de todas e todos nós. Contigo, desta vai!

Un goberno
serio e capaz.

A sociedade galega sabe que pode confiar no BNG. O Partido Popular recorre á mentira e á ocultación e demostra a súa incompetencia cada vez que toca xestionar un problema importante. Galiza merece un goberno serio, capaz, preparado para liderar a Galiza do presente e do futuro. Temos un proxecto de goberno á altura do noso país. E poñemos os intereses xerais da sociedade galega sempre por diante.

Accede ao noso programa