A Galiza que queres - Agora A Galiza que queres - Agora

A nosa experiencia

Candidatura

candidatura bng por ourense

1. Noa Presas Bergantiños
2. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro
3. Sonia Vidal Lamas
4. Secundino Fernández Fernández
5. Elena Añel Cabanelas
6. Marcos Nogueiras Rodríguez
7. Laura Pérez Bernárdez
8. Suso Vilasánchez Feijoo
9. Inmaculada González Gómez
10. Xurxo Rodríguez Méndez
11. Xaira Pena Estévez
12. Ramón Seoane Lacayo
13. Antía Pousa Pérez
14. Diego Lourenzo Moura

suplentes

1. Noelia Currás Rodríguez
2. Marcos Paz Alonso
3. Adela Galego Rodríguez
4. Marcos Blanco Durán
5. Roberto Quiroga López

Sobre
Noa Presas

Preséntome ás eleccións do 18F como ourensá, feminista e profesora. Como ourensá porque entendo que para acabar coa discriminación histórica que padecemos o que se precisa é un proxecto de país que contemple medidas específicas para o impulso das nosas necesidades. Teño ademais a certeza de que o BNG é a organización máis achegada ao territorio e máis preocupada por eliminar as desigualdades con alternativas de futuro. Como feminista, porque creo que o BNG é a organización que mellor defende os intereses das mulleres para unha Galiza en igualdade na que un gran paso adiante sería ter a primeira presidenta feminista da nosa historia. Da man do feminismo de base temos dado pasos importantes desde as rúas e non teño dúbida de que un goberno liderado polo BNG contribuiría a mellorar a vida de moitas mulleres, especialmente na loita contra a violencia machista.

Finalmente, como profesora porque creo profundamente no ensino público como a mellor ferramenta para a igualdade social e estou preocupada polo forte dano que neste ámbito, como no da sanidade, se fixo coas políticas neoliberais do PP. Tamén porque quero que a nosa lingua teña futuro e a mocidade poda coñecela para despois escoller falala, considero que é fundamental o cambio galego

Noa Presas naceu no barrio da Ponte, en Ourense, en 1987. Desde moi nova tomou parte do activismo xuvenil e estudantil e incorporouse ao movemento nacionalista no tempo do Prestige. É profesora de Lingua e Literatura Galega e, nas dúas últimas lexislatura, foi deputada polo BNG no Parlamento Galego. Na pasada lexislatura foi tamén portavoz e presidenta da da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos sendo a portavoz nacionalista nos debates dos orzamentos do Estado.

Forma parte do Consello Nacional e a Executiva do BNG na que é responsábel e Acción Feminista.

A nosa candidata

Coñece a todas as Anas

Vida
persoal

Aquí poderedes coñecer algunhas historias sobre a miña vida persoal.

Vida persoal

Vida
política

Quero falarvos dos meus 10 compromisos cos galegos e as galegas.

Vida política

A campaña
día a día

Cóntovos como estou vivindo esta campaña. Acompañádesme?

A campaña día a día

A nosa proposta

Galiza
merece máis!

Galiza non avanzou nin mellorou en todos estes anos. Levamos catorce anos de estancamento e retroceso. Na sanidade, na industria e o emprego, na precariedade e custo da vida, no despoboamento do territorio, fomos a peor. É o momento de abrir un tempo novo para os galegos e as galegas. Cos recursos galegos ao servizo de Galiza e cun goberno galego leal aos intereses do noso país. Galiza merece moito máis.

Este é
o momento.

Hai moitas formas de sentirse galego ou galega, de vivir o noso país, e todas son necesarias para construírmos a Galiza mellor que queremos. Votases o que votases noutras ocasións, este é o momento de votar BNG. Temos diante unha oportunidade para facer historia. O cambio galego é agora.

Silueta de Galiza en cor azul

Unha Galiza
que se fai valer.

O servilismo, a submisión a intereses alleos e o centralismo son un problema para o desenvolvemento de Galiza. Precisamos facernos valer como país para poder avanzar. Defender os nosos intereses e usar os nosos recursos en favor de máis riqueza, emprego e prosperidade na propia Galiza. Queremos un goberno galego que traballe para unha Galiza en grande.

Unha presidenta
para a Galiza que queres.

A Galiza que vén é unha Galiza viva, forte, xusta e con futuro. Con respostas propias aos retos globais deste tempo de mudanzas: mudanza climática, a sustentabilidade, a xustiza social, a igualdade. Queremos unha Galiza próspera, aberta, inclusiva, avanzada. Que coide da súa xente e garanta oportunidades. Orgullosa da nosa lingua, cultura e identidade. Unha Galiza mellor, contigo.

Silueta de Ana Pontón en cor azul

Se nos movemos,
gañamos.

A maioría de galegos e galegas quere un cambio na Xunta. Queremos avanzar, facernos valer e desenvolver todo o potencial que temos como país. Se todas as persoas que queremos cambio imos votar, o cambio é seguro. Ningún voto de cambio se pode perder. Depende de todas e todos nós. Contigo, desta vai!

Un goberno
serio e capaz.

A sociedade galega sabe que pode confiar no BNG. O Partido Popular recorre á mentira e á ocultación e demostra a súa incompetencia cada vez que toca xestionar un problema importante. Galiza merece un goberno serio, capaz, preparado para liderar a Galiza do presente e do futuro. Temos un proxecto de goberno á altura do noso país. E poñemos os intereses xerais da sociedade galega sempre por diante.

Accede ao noso programa