A Galiza que queres - Agora A Galiza que queres - Agora

A nosa experiencia

Candidatura

candidatura bng por lugo

1. Olalla Rodil Fernández
2. Daniel Castro García
3. Montserrat Valcárcel Armesto (Independente)
4. Iago Suárez Fernández
5. Iria Cotelo Cociña
6. Martín Gómez Souto
7. Pilar Vázquez Sánchez
8. Alexandre Varela Rubin
9. Beatriz Cedrón Vilar
10. Eloi Cabanas Ramos
11. Rosana Prieto Florines
12. Mario Outeiro Iglesias
13. Alexandra Fernández Cillero
14. Miguel Gómez Fraga

suplentes

1. Bernardo Valdês Paços
2.Vanesa Gómez Lourido
3. Manuel Luaces Fernández
4. María Dolores López Caión
5. Xosé Manuel Becerra Pardo

Sobre
Olalla Rodil

Para min é un inmenso orgullo encabezar a lista do BNG por Lugo. A razón que me move é a mesma que fixo que, cando tiña 17 anos, entrase a militar no BNG: crer no dereito que temos as galegas e os galegos a vivir dignamente, a poder vivir e traballar no país se así o desexamos, a construír un proxecto de vida na nosa terra.

Defendo firmemente este dereito porque acredito que o noso país ten moitísimo que darnos, unhas enormes potencialidades para garantir as mellores condicións de vida e as maiores cotas de benestar social para todas as persoas, teñamos a idade que teñamos, e sexa cal sexa a nosa orixe. Galiza é historicamente unha terra emigrante, a miña propia familia o é, mais tamén hoxe somos terra de acollida para esas persoas que están buscando un mellor porvir.

Por todas e todos as que hoxe vivimos e traballamos neste país, para as xeracións que veñen detrás, o noso obxectivo é conseguir que a nosa terra sexa máis xusta, máis cohesionada, máis equitativa, feminista e, sobre todo, máis dona de si. Somos nacionalistas e defendemos que a soberanía é a ferramenta que necesita este país para garantir o benestar social para as xeracións de hoxe e para as que veñen detrás.

Naceu na Ribeira de Piquín en 1989. Licenciouse en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo co proxecto de fin de carreira Publicidade institucional e política lingüística en Galiza e cursou un Mestrado en Estudos Internacionais pola USC. Xornalista de profesión, en excedencia do xornal Nós Diario, traballou informativamente de maneira especial en cuestións sociais e de xénero.

Olalla Rodil foi deputada pola provincia de Lugo nas dúas últimas lexislaturas e forma parte da Executiva e do Consello Nacional do BNG. Na última lexislatura exerceu como viceportavoz do grupo BNG no Parlamento.

A nosa candidata

Coñece a todas as Anas

Vida
persoal

Aquí poderedes coñecer algunhas historias sobre a miña vida persoal.

Vida persoal

Vida
política

Quero falarvos dos meus 10 compromisos cos galegos e as galegas.

Vida política

A campaña
día a día

Cóntovos como estou vivindo esta campaña. Acompañádesme?

A campaña día a día

A nosa proposta

Galiza
merece máis!

Galiza non avanzou nin mellorou en todos estes anos. Levamos catorce anos de estancamento e retroceso. Na sanidade, na industria e o emprego, na precariedade e custo da vida, no despoboamento do territorio, fomos a peor. É o momento de abrir un tempo novo para os galegos e as galegas. Cos recursos galegos ao servizo de Galiza e cun goberno galego leal aos intereses do noso país. Galiza merece moito máis.

Este é
o momento.

Hai moitas formas de sentirse galego ou galega, de vivir o noso país, e todas son necesarias para construírmos a Galiza mellor que queremos. Votases o que votases noutras ocasións, este é o momento de votar BNG. Temos diante unha oportunidade para facer historia. O cambio galego é agora.

Silueta de Galiza en cor azul

Unha Galiza
que se fai valer.

O servilismo, a submisión a intereses alleos e o centralismo son un problema para o desenvolvemento de Galiza. Precisamos facernos valer como país para poder avanzar. Defender os nosos intereses e usar os nosos recursos en favor de máis riqueza, emprego e prosperidade na propia Galiza. Queremos un goberno galego que traballe para unha Galiza en grande.

Unha presidenta
para a Galiza que queres.

A Galiza que vén é unha Galiza viva, forte, xusta e con futuro. Con respostas propias aos retos globais deste tempo de mudanzas: mudanza climática, a sustentabilidade, a xustiza social, a igualdade. Queremos unha Galiza próspera, aberta, inclusiva, avanzada. Que coide da súa xente e garanta oportunidades. Orgullosa da nosa lingua, cultura e identidade. Unha Galiza mellor, contigo.

Silueta de Ana Pontón en cor azul

Se nos movemos,
gañamos.

A maioría de galegos e galegas quere un cambio na Xunta. Queremos avanzar, facernos valer e desenvolver todo o potencial que temos como país. Se todas as persoas que queremos cambio imos votar, o cambio é seguro. Ningún voto de cambio se pode perder. Depende de todas e todos nós. Contigo, desta vai!

Un goberno
serio e capaz.

A sociedade galega sabe que pode confiar no BNG. O Partido Popular recorre á mentira e á ocultación e demostra a súa incompetencia cada vez que toca xestionar un problema importante. Galiza merece un goberno serio, capaz, preparado para liderar a Galiza do presente e do futuro. Temos un proxecto de goberno á altura do noso país. E poñemos os intereses xerais da sociedade galega sempre por diante.

Accede ao noso programa